Saltar ao contido

Livro de Horas de D. Manuel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Livro de Horas de D. Manuel
 Instancia de
 Epónimo
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
século XVI Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Wikidata

O Livro de Horas de D. Manuel é un dos manuscritos iluminados máis importantes producidos en Portugal no século XVI.

Características

[editar | editar a fonte]

Foi decorado en parte por António de Holanda, entre o c. 1517 e c. 1538 e está dedicado a D. Manuel I, do que se inclúen exequias nunha das páxinas.[1] Ten 303 follas de pergamiño e 58 iluminacións a toda páxina. Consérvase no Museu Nacional de Arte Antiga, en Lisboa.[2]

Os folios iniciais (1 a 4) presentan as instrucións en portugués para coñecer a Letra dominical e o número áureo nos calendarios que permitirán coñecer as datas das festas móbiles asociadas á Semana Santa, cuxa táboa se presenta no folio 24. Nos folios 5 a 23 está o calendario litúrxico en latín, cunha iluminación ao comezo de cada mes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]