Libro de horas da raíña María de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Libro de horas da raíña María de Navarra
ArtistaFerrer Bassa
Arnau Bassa
Mestre de Baltimore
Data1342
TécnicaMiniatura iluminada
Dimensións17,1 cm × 12 cm
LocalizaciónBiblioteca Marciana (Venecia)

Libro de horas da raíña María de Navarra é un libro de miniaturas iluminadas góticas feito en Barcelona por encarga do rei Pedro IV de Aragón en 1342, como agasallo para a súa primeira esposa, María de Navarra. O seu autor é Ferrer Bassa, segundo a encarga real, se ben estilisticamente identifícanse dous artistas máis do seu taller, o seu fillo Arnau Bassa e o Mestre de Baltimore.

Características[editar | editar a fonte]

A obra conta cunha abondosa ilustración que complementa a riqueza do contido litúrxico, de características exclusivas, como as horas en honra do seu ascendente directo, Lois IX de Francia. Ás imaxes engádeselle o tratamento do espazo e uso de cores vivas e delicadas. A característica que define o estilo do artista é a forma de retratar as facianas das personaxes, con fociños picudos e ollada penetrante.[1]

O exemplar do Libro de horas atópase actualmente na Biblioteca Marciana de Venecia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]