Lista de monarcas belgas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A continuación menciónanse os monarcas de Bélxica dende a súa independencia dos Países Baixos en 1830. Dado que a independencia do país foi apoiada económica e militarmente por franceses, a comunidade internacional interveu para que Bélxica no fose anexada a Francia, aceptándose a proposta inglesa de invitar un nobre dun terceiro país como Alemaña para encabeza-la monarquía do novo país, honor que foi depositado en Leopoldo, duque de Saxe-Coburg. É importante subliñar que o título dos monarcas non é rei de Bélxica senón rei dos belgas.