Lisa the Iconoclast
"Lisa the Iconoclast" (en galego, "Lisa a iconoclasta") é o décimo sexto episodio da sétima tempada da serie animada The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 18 de febreiro de 1996. Neste episodio, conmemórase o bicentenario de Springfield, e Lisa escribe un ensaio sobre o fundador da cidade Jebediah Springfield. Ao realizar a súa investigación, atopa unha confesión que revela que Springfield foi un pirata asasino chamado Hans Sprungfeld e que nunca se preocupara da xente de Springfield. Lisa e Homer deciden contarllo ao pobo, pero provocan a ira dos veciños.
"Lisa the Iconoclast" foi escrito por Jonathan Collier e dirixido por Mike B. Anderson. A historia está inspirada nos acontecementos reais que ocorreron cando se exhumou ao presidente Zachary Taylor. Donald Sutherland púxolle a voz a Hollis Hurlbut, un personaxe que foi deseñado especificamente para el. O episodio inclúe diversas referencias á América colonial, entre as que está o retrato inacabado de George Washington feito en 1796 por Gilbert Stuart.
Argumento
[editar | editar a fonte]Lisa descobre neste episodio a verdade sobre o fundador da súa cidade, Jebediah Springfield. Dáse conta de que non foi un heroe americano como todos pensaban, senón que fora un sanguinario pirata. Ó principio ninguén a creu agás seu pai, aínda que finalmente Lisa pode demostralo, ensinando a "lingua de prata" que o mesmo Jebediah mandou fabricar despois de ter unha trifulca cun turco. Cando Lisa está a punto de dicir na festa do día de Springfield o que o seu fundador fixo, non se atreve e decide declarar que foi xenial, preservando así a ilusión do pobo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martyn, Warren; Wood, Adrian (2000). "Lisa the Iconoclast". British Broadcasting Corporation. Consultado o 2009-03-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Lisa the Iconoclast" en The Simpsons.com
- "Lisa the Iconoclast" en The Simpsons Archive
- "Lisa the Iconoclast" na Internet Movie Database
- "Lisa the Iconoclast" Arquivado 20 de xullo de 2010 en Wayback Machine. en TV.com