Saltar ao contido

Lino Tieles Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLino Tieles Blanco
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1914 Editar o valor en Wikidata
Muros, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 2011 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Arcachon, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador, político Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9634

Lino Tieles Blanco, coñecido como Boxeador, nado en Muros o 25 de marzo de 1914 e finado en Ares o 3 de xullo de 2011, foi un boxeador e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Boxeador, veciño de Serres. En 1936 foi campión galego do peso galo de boxeo. Foi elixido polos seus compañeiros delegado de pesca de Muros. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu na requisa dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa nos que fuxiron os republicanos de Noia e Muros na madrugada do 26 de xullo. Agochouse na casa "Dios Divon" propiedade de Dolores Barreiro Díaz. Descuberto en decembro de 1936, foi detido o día 17.[1] Foi procesado e xulgado por rebelión en Santiago de Compostela con Manuel Lago Ramos, Isidro Caramés Tajes e Peregrino Lestón González o 15 de febreiro de 1937.[2] Defendidos por Gonzalo Romero Osende, Lino foi condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua. Pasou sete anos en prisión. Ao saír da cadea volveu a Esteiro. Volveu ser detido en abril de 1943 e ingresou na Prisión da Coruña, de onde saíu en liberdade en maio dese ano.[3] Foi sancionado con mil pesetas pola Fiscalía provincial de Taxas en 1943.[4]

Volveu participar nas competicións de boxeo en 1945.[5] Foi procesado na causa 49/46 por roubo a man armada xunto con Isidro Caramés Tajes e Peregrino Lestón González. O xulgado militar de Santiago de Compostela publicou unha requisitoria reclamando a súa presentación en setembro de 1946.[6] En 1947 colleu un barco en Esteiro e fuxiu a Francia. Instado en Arcachon, onde casou, prestou axuda aos pesqueiros españois apresados en Francia. Finou en Arcachon o 3 de xullo de 2011 con 97 anos.[7]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Gran Cruz de Cabaleiro da Orde ao Mérito Civil en 1987.[8]
  • Homenaxe do Concello de Muros en 2005.[9]
  1. El Compostelano, 26-12-1936, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 16-2-1937, p. 2.
  3. Registro-Índice de la Población Reclusa (1938-1955). Archivo General de la Administración.
  4. La Voz de Galicia, 27-10-1943, p. 2.
  5. El Ideal gallego, 13-11-1945, p. 5.
  6. BOE, 10-9-1946, p. 2392.
  7. Avis de décès
  8. La Voz de Galicia, Santiago, 14-7-1987, p. 28.
  9. Muros rindió homenaje a los vecinos que sufrieron el exilio

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]