Lino García Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLino García Vázquez
Biografía
Nacemento1867 Editar o valor em Wikidata
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel García Becerra Editar o valor em Wikidata
Verín, en lembranza dos fusilados o 17/6/1937

Lino García Vázquez, nado en Verín en 1867 e finado en Ourense o 17 de xuño de 1937, foi un comerciante, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Verín foi fundador e director do periódico El Támega. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar e sentenciado a pena de morte, foi executado no Campo de Aragón o 17 de xuño de 1937. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Foi pai de Manuel García Becerra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]