Manuel García Becerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel García Becerra, nado en Verín en 1905, foi un avogado e político galego con ideoloxía de esquerdas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Lino García Vázquez. Estudou Dereito e na Escola de Enxeñeiros de Madrid. Colaborou en El Pueblo Gallego. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido deputado pola provincia de Ourense integrado na coalición coa FRG nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Foi subsecretario de Obras Públicas en 1933. Formou parte do sector progresista que abandonou o Partido Radical-Socialista para fundar o Partido Republicano Radical Socialista Independiente e despois integrouse en Izquierda Republicana, da que foi elixido vicesecretario da súa comisión executiva en abril de 1934[1]. Presentouse por Izquierda Republicana ás eleccións xerais de 1936, pero non resultou elixido. Foi secretario do Ministro de Instrucción Pública dende marzo de 1936[2]. Ao remate da Guerra civil foi representante de Izquierda Republicana no SERE, e exiliouse en Cuba, onde colaborou no xornal Luz. Dende 1947 estivo exiliado en México. En 1949 participou no Congreso Mundial de Partidarios da Paz celebrado en París, xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Mariano Ruiz-Funes García e José Giral[3].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Diccionario escolar americano, México, 1963.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid con Filito Muñoz Nicart en 1932[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Libertad, 19-4-1934, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 25-04-1936, p. 10.
  3. Jordi Guixé i Corominas L'Europa de Franco: l'esquerra antifranquista i la "caça de bruixes" a l'inici de la guerra freda : França 1943-1951 Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2002, ISBN 84-8415-395-9, 788484153955 pàg. 122
  4. Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1932, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Domingo Cuadrillero, Jorge (2009). Siglo XXI, ed. El exilio republicano español en Cuba. Madrid. ISBN 978-84-323-1387-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]