Lino García Vázquez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1867 Verín, España |
| Morte | 17 de xuño de 1937 Ourense, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | comerciante, xornalista, político |
| Familia | |
| Fillos | Manuel García Becerra |
Lino García Vázquez, nado en Verín en 1867 e finado en Ourense o 17 de xuño de 1937, foi un comerciante, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En Verín foi fundador e director do periódico El Támega. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar e sentenciado a pena de morte, foi executado no Campo de Aragón o 17 de xuño de 1937. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.
Foi pai de Manuel García Becerra.