Lino Carrión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lino Carrión Castilla")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Lino Carrión
  Valladolid
Falecemento 7 de marzo de 1938
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Lino Carrión Castilla, nado en Valladolid e finado na Coruña o 7 de marzo de 1938, foi un sindicalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundidor afiliado á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 deulle refuxio na súa casa a Luís Costa García. Agardaron a oportunidade de fuxir nun pesqueiro en dirección a Asturias para integrarse na resistencia. Un destes intentos, que tivo lugar na noite do 3 de marzo de 1937 nas proximidades do Porto de San Pedro na Coruña, resultou abortado pola intervención da Garda Civil. Moitos anarquistas foron detidos nesa ocasión. Lino Carrión conseguiu fuxir pero foi detido por unha confidencia con dous compañeiros libertarios, Luís Costa García e Secundino Rodríguez Eiras o 1 de xullo de 1937 cando preparaban unha nova fuga nun bou cara a zona leal. Ingresou no cárcere da Coruña. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 7 de marzo de 1938.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]