Scala é unha linguaxe de programación orientada a obxectos puro, no sentido de que cada valor é un obxecto. O tipo e comportamento dos obxectos descríbese por medio de clases e traits. A abstracción de clases realízase estendendo outras clases e usando un mecanismo de composición baseado en mixins como unha substitución limpa da herdanza múltiple.