O tsimané é unha lingua illada falada polo pobo tsimané en Bolivia. O tsimané é falada nas terras baixas do oeste de Bolivia, na rexión a carón do río Beni e preto de San Borja, no departamento del Beni. Algúns dialectos son chamados mosetén, mais Sakel (2004)[1] clasifícaas como dúas linguas, aínda que as variedades da lingua son mutuamente intelixibles e rexistrouse que non existen problemas de comunicación (Ethnologue 16). Segundo (Campbell 2000) é unha única lingua separada recentemente a través do contacto cultural. O tsimané está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
Sakel, Jeanette (2009). Mosetén y Chimane (Tsimane'). In: Mily Crevels and Pieter Muysken (eds.) Lenguas de Bolivia, vol. I, 333-375. A Paz: Plural editores.