Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A lingua nuosu (ou nosu, ꆈꌠ꒿, pronunciado: Nuosuhxop), tamén coñecido como yi setentrional, liangshan yi e yi de Sichuan, é a lingua de prestixio do pobo yi; foi escollida polo goberno chinés como a forma estándar da lingua yi (en mandarín: Yí yǔ, 彝語/彝语) e como tal, é a única que se ensina nas escolas nas formas oral e escrita. É falada por dous millóns de persoas e o seu número está medrando; o 60% son monolingües. Nuosu é o nome nuosu/yi nativo para a súa propia lingua e non é empregado en mandarín, e malia que ás veces pode ser deletreado para a súa pronunciación (nuòsū yǔ 诺苏语/諾蘇語), o carácter chinés para nuòsū non ten significado.[1]
Os termos comúns 'yi negro' (mandarín: hēi Yí 黑彝) e 'yi branco' (bái Yí 白彝) son castes do pobo nuosu, non dialectos.
O nuosu é unha das múltiples variedades mutuamente inintelixibles do yi, lolo, moso ou Noso. As seis linguas yi recoñecidas polo goberno chinés comparten entre un 25% e un 50% do seu vocaulario en común. Comparten un sistema de escrita, o silabario yi.