A lingua kaurna é unha lingua pama-nyungana falada historicamente polo pobo kaurna que habita nas chairas de Adelaide, en Australia Meridional. O pobo das chairas de Adelaide é coñecido como pobo kaurna no presente, pero este está composto por varios grupos tribais, cada un co seu propio distrito parnkarra e coa súa propia forma dialectal da lingua. Estes dialectos foron falados nas áreas de Crystal Brook e Clare no norte, cabo Jervis no sur, e arredor do monte Lofty. Deixou de falarse como lingua habitual no século XIX, pero a partir da década de 1990, estase reclamando o seu ensino e reintrodución. O kaurna está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]
Amery, Rob (2000) 'Warrabarna Kaurna! Reclaiming an Australian Language. Swets & Zeitlinger, Lisse, The Netherlands. ISBN 90-265-1633-9
Amery, Rob (compiler) (2003) Warra Kaurna. A Resource for Kaurna Language Programs. Kaurna Warra Pintyandi, Adelaide. ISBN 0-9751834-0-0
Amery, Rob (2002) 'Weeding out Spurious Etymologies: Toponyms on the Adelaide Plains.' In Luise Hercus, Flavia Hodges & Jane Simpson (eds) The Land is a Map: Placenames of Indigenous Origin in Australia, 165-180.