Lingua bohaírica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bohaírico , tamén chamado boárico (ou incluso menphítico), é un dialecto da lingua copta. De todas as variantes da lingua copta, soamente o bohaírico é utilizado hoxe en día, e soamente na liturxia da Igrexa Ortodoxa Copta, que o utiliza desde arredor do século XI cando substituíu o dialecto sahídico.

Considérase en xeral que o dialecto bohaírico (de buhaira, mariñas, rexión marítima) tivo a súa orixe no Baixo Exipto, na zona occidental do delta do Nilo. Os manuscritos máis antigos datan do século IV, aínda que a maioría son do século IX e posteriores. Porén isto puido ser debido soamente ás malas condicións para a preservación, debido á humidade da rexión do delta.

O bohaírico mostra varias características conservadoras en canto a léxico e fonoloxía non atopadas noutros dialectos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.