Saltar ao contido

Lingua banjar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua banjar
bahasa Banjar Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
 Nome orixinal
bahasa Banjar (id)
Basa Banjar (bjn)
Pandir Banjar (bjn) Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
3500000 (2000) Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
Clasificación lingüística
Localización
 País
1°S 114°L / -1, 114
Identificadores
Freebase/m/02hxbj0 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3bjn Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5bjn Editar o valor en Wikidata
IETFbjn Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A lingua banjar (Bahasa/Basa Banjar, en jawi: بهاس بنجر) é unha lingua austronesia empregada polo pobo banjar de Kalimantan Meridional, Indonesia. Como moitos dos membros do pobo banjar son mercadores itinerantes, espallan a súa lingua por tódolos lugares de Indonesia ós que viaxan. O banjar pódese considerar unha lingua franca, especialmente na illa de Borneo, xa que se emprega en tres das catro provincias de Borneo: Borneo do Sur, Borneo do Leste e Borneo Central, agás en Borneo do Oeste, onde o malaio é máis popular.

O banjar considérase un malaio local, pero non é particularmente achegado a ningunha outra lingua malaia.[1] Divídese en dous grandes dialectos, o da parte alta do río (Banjar Hulu) e o da parte baixa (Bajar Kuala). Pódense atopar as principais diferenzas dos dous dialectos na fonoloxía e o léxico, malia que tamén hai diferenzas lixeiras na sintaxe. O banjar hulu só ten tres vogais, /i/, /u/, i /a/. Cando unha palabra contén algunha vogal diferente a estas tres vogais, a vogal foránea é substituída cunha destas vogais baseándose na proximidade de altura e outras cualidades das vogais. O banjar kuala ten cinco vogais, /a, i, u, e, o/.

Hai un dialecto menor, o bukit, que ten un código ISO separado.

  1. "Austronesian Basic Vocabulary Database". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2006. Consultado o 18 de abril de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]