Lingua atong
| Lingua atong | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O a'tong é unha lingua sino-tibetana, do grupo bodo-garo, estreitamente relacionada coas linguas koch, rabha, bodo e garo.[1] O atong está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
O pobo a'tong vive no curso baixo do río Someswari ou Simsang, na India (nas Garo Hills, estado de Meghalaya) e en Bangladesh (distrito de Mymensingh). O dialecto falado en Bangladesh, denominado Ating, é significativamente diferente do da India. A última investigación sobre o número de falantes é de comezos do século XX, dando 15.000 falantes (10.000 nas Garo Hills e 5.000 en Mymensingh).
Algúns lingüistas afirman que o a'tong podería ser un dialecto da lingua Koch, e os a'Tong considéranse parte do pobo garo, a pesar de que o a'Tong non é comprensible para o resto dos garos. A lingua goza de gran vitalidade, úsanna todos os grupos de idade no seu territorio tradicional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jacquesson, François. 2006. La réconstruction du passé: le cas des langues boro-garo. Bulletin de la Société Linguistique de Paris 101(1), 273-303
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ethnologue (en inglés)
- Proxecto Rosetta (en inglés)
