Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A lingua altai meridional (tamén coñecida como oirot ou oyrot antes de 1948) é un lingua turca falada na República de Altai, un estado federal de Rusia que se atopa no sur de Siberia, na fronteira con Mongolia e a China. A lingua ten certo grao de intelixibilidade mutua coa lingua altai setentrional, o que motivou que as dúas linguas fosen consideradas tradicionalmente a mesma lingua.[1] A partir de mediados do século XX, e segundo clasificacións modernas, son consideradas dúas linguas separadas.[2] O altai meridional está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]