Lingua aguaruna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aguaruna
Outros nomes:Awajún
Falado en: Perú
Total de falantes: 38 000 (2000)
Familia: Xíbaro
 Aguaruna
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: agr

O aguaruna (awajun) é unha lingua xíbara de Perú, falada polo pobo aguaruna.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Fálase nos departamentos de San Martín, Amazonas, Cajamarca e Loreto. Orixinaria do curso alto do río Marañón, nas bacías dos ríos Potro e Cahuapanas, como consecuencia dun enfrontamento interno un grupo emigrou á zona do alto Mayo a comezos do século XX e asentouse na parte nororiental do val

Escrita e usos sociais[editar | editar a fonte]

A lingua emprégana case todos os membros da etnia, a escolarización nos primeiros graos faise en aguaruna, en 1953 organizouse o primeiro colexio bilingüe, que comezan a desenvolverse nos anos 1970s, na lingua publicáronse dicionarios, gramáticas, libros escolares e en 1973 traduciuse o Novo Testamento.
O alfabeto aguaruna componse de 21 letras: a, b, ch, d, e, g, h, i, j, k, m, n, p, r, s, sh, t, ts, u, w, y.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]