Lingua adasen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O adasen é unha lingua malaio-polinesia falada en Filipinas.
ISO/DIS 639-3: tiu

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Fálase nos municipios de Tineg, Lagayan e parte de Lagangiland, no noroeste da provincia de Abra, na illa de Luzón.

Falantes[editar | editar a fonte]

Entre 4.000 e 13.500 segundo as fontes, o 70% falan a lingua, pero só o 30% dos nenos.

Dialectos[editar | editar a fonte]

O adasen divídese en dous dialectos, o occidental e o oriental.

Escrita[editar | editar a fonte]

A produción en adasen limítase a obras relixiosas, realizadas por misioneiros protestantes. En 1990 traduciuse o Novo Testamento.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ethnologue