Linda Thomas-Greenfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Linda Thomas-Greenfield
Linda-Thomas-Greenfield-v1-8x10-1.jpg
Nacemento22 de novembro de 1952
Lugar de nacementoBaker (Luisiana)
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterUniversidade de Wisconsin-Madison, Universidade do Estado da Luisiana e Baker High School
Ocupacióndiplomática
editar datos en Wikidata ]

Linda Thomas-Greenfield, nada en Baker en, 1952, é unha diplomática estadounidense, membro do Bureau of African Affairs do Departamento de Estado entre 2013 e 2017.[1][2] En 2020, o presidente electo Joe Biden anunciou a súa intención de nomear a Thomas-Greenfield como Embaixadora dos Estados Unidos ante as Nacións Unidas.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de traballar no sector público, Thomas-Greenfield ensinou ciencias políticas na Bucknell University. Traballou na Oficina de Poboación, Migración e Refuxio (2004-2006), como Embaixadora dos Estados Unidos en Nixeria (2008-12) e como Directora Xeral do servizo diplomático estadounidense (United States Foreign Service) (2012-2013) . Durante o seu mandato como Embaixadora en Nixeria, a súa correspondencia foi atacada por Wikileaks.[4][5] Nun dos correos, Thomas-Greenfield propuña que se axuizase ao político liberiano e criminal de guerra Charles Ghankay Taylor nos Estados Unidos.[6]

En 2017, tras anos de experiencia de servizo público, Trump ordenou o seu cesamento inmediato no que foi descrito como unha "purga" do Departamento de Estado.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Linda Thomas-Greenfield, Assistant Secretary, Bureau of African Affairs". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  2. Morello, Carol (2 de marzo de 2017). "That drip-drip is the sound of two more senior diplomats leaving Foggy Bottom". Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2017. 
  3. Zilbermints, Regina (23 de novembro de 2020). "Biden picks Linda Thomas-Greenfield for US envoy to UN". 
  4. "Appointments and Resignations - Assistant Secretary of State for African Affairs: Who Is Linda Thomas-Greenfield?". Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  5. "Thomas-Greenfield, Linda (1952- )". Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  6. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2011. Consultado o 6 de xaneiro de 2011. 
  7. "Biden looks to rehire diplomats and others fired by Trump to rebuild the State Department". 20 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 2020-11-19.