Lighthouse X

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lighthouse X
ESC2016 - Denmark 18.jpg
OrixeDinamarca Dinamarca
Período2014 - actualidade
Xénero(s)Pop
MembrosSøren Bregendal
Johannes Nymark
Martin Skriver
Páxina webhttp://www.lhx.dk/

Lighthouse X (pronunciado "Lighthouse Ten") é unha banda dinamarquesa formada por Søren Bregendal, Johannes Nymark e Martin Skriver. Representarán a Dinamarca no Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo, Suecia, coa canción "Soldiers of Love".[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

2014-15: Lighthouse X[editar | editar a fonte]

O 13 de outubro de 2014 Lighthouse X lanzaron o seu sinxelo debut "Kærligheden kalder". A canción chegou ao número 37 na Danish Singles Chart. Após lanzar o seu segundo sinxelo, "Hjerteløst", a banda lanzou o seu primeiro EP "Lighthouse X" o 16 de febreiro de 2015. O 16 de abril de 2015 lanzaron o sinxelo "Nattens gløder".

2016-actualidade: Eurovisión[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2016, a banda formou parte dos artistas do Dansk Melodi Grand Prix 2016, a competición que escolle ao representante dinamarqués de Eurovisión. A canción da banda, "Soldiers of Love" conseguiu o 42% do voto do público. Eles cantarán na segunda semi-final do Festival de Eurovisión 2016 o 12 de maio de 2016.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Título Detalles
Lighthouse X
  • Data de lanzamento: 16 de febreiro de 2015
  • Selo: North-East Production
  • Formato: Descarga dixital

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título Posición nas listas Álbum
Dinamarca
DIN
2014 "Kærligheden kalder" 37 Lighthouse X
2015 "Hjerteløst"
"Nattens gløder"
"It's a Brand New Day"
"Home"
2016 "Soldiers of Love" 12
"—": non entrou nas listas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lighthouse X vinder Melodi Grand Prix". Consultado o 13 de febreiro de 2016.