Ligand Pharmaceuticals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ligand Pharmaceuticals Incorporated
Tiponegocio
Data de fundaciónsetembro de 1987
SedeSan Diego
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.ligand.com
editar datos en Wikidata ]

Ligand Pharmaceuticals é unha empresa biofarmacéutica norteamericana con sede en San Diego[1], que se fundou en 1987 como Progenx Inc. e que principiou a cotizar en bolsa en 1992. Inicialmente centrouse en desenvolver os seus propios medicamentos, pero tras un período de problemas internos a comezos da década de 2000 que levaron á expulsión do seu director executivo polos accionistas e unha mudanza da estratexida da empresa, para se centrar na adquisición de dereitos de medicamentos xa existentes e formar alianzas para os desenvolver.

Dende 2005 a empresa tivo por dúas veces que corrixir as súas contas financeiras, e foi obxecto de demandas xudiciais colectivas. Fortune clasificadouna entre as 100 empresas que máis medraron no período 2014-2016, e en 2018 o seu director executivo apareceu na listaxe dos cinco mellor pagados de San Diego.

Actividade[editar | editar a fonte]

Ligand Pharmaceuticals desenvolve ou adquire activos xeradores de regalías que abranguen numerosas tecnoloxías, terapias e medicamentos[2]. Entre outros medicamentos recibe regalías de Kyprolis, Melphalan, Nexterona e Baxdela[3].

En 2015 Ligand tiña acordos con aproximadamente 120[4] empresas farmacéuticas, entre elas Captisol[5].

Historia[editar | editar a fonte]

En 1987 Brook Byers fundou Progenx Inc. que en 1989 mudou o nome polo actual, e que se transformou en compañía de capital aberto a finais de 1992[6]. Howard Birndorf foi seu primeiro director executivo ao que lle sucedeu David Robinson, e os dous enfocaron a actividade ao desenvolvemento de medicamentos baseados en receptores nucleares orfos[7].

En setembro de 2005 a NASDAQ retirouna dos seus índices despois de imcumprir varios prazos para a presentación das súas contas financeiras[8]. A empresa estaba a ser investigada polo organismo federal Securities and Exchange Commission (SEC) polos informes financeiros emitidos entre 2002 e 2004[9], e tivo que corrixir as súas contas dese período. Finalmente, non se tomou acción ningunha contra da empresa[7], pero ao seu auditor da época, Deloitte, multouno máis tarde a Public Company Accounting Oversight Board cun millón de dólares por conduta impropia na realización de auditorías, e que podería revelar que Ligand estaba inflando as vendas[10]. Ligand volveu ao índice NASDAQ en xuño de 2006 e acordou pagar máis de 12 millóns de dólares para resolver o litixio dos accionistas[11].

Ademais destes problemas de contabilidade, en 2006, a empresa informou da ausencia de beneficios malia algúns dos medicamentos que desenvolveran contaban coa aprobación das autoridades sanitarias, e accionistas disidentes, como Dan Loeb, forzaron a marcha de Robinson substituído por Henry F. Blissenbach que vendeu todas as operacións comerciais da compañía e despediu traballadores. En xaneiro de 2007 John Higgins, un antigo banqueiro de investimento, asumiu o posto de director executivo e mudou a estratexia da empresa para se centrar en medicamentos en desenvolvemento e na formación de acordos con outras empresas para desenvolvelos totalmente[7].

Durante a crise económica de finais da década de 2000, a compañía utilizou o seu capital para adquirir outras empresas, como Neurogen, Farmacopeia Biotecnology, Metabasis Therapeutics e Cydex Pharmaceuticals. Higgins afirmou que o resultado das compras foi unha carteira de preto de 60 medicamentos en desenvolvemento, acordos con empresas farmacéuticas e outros activos[7].

Fortune clasificou a empresa como unhas das primeiras cen empresas de maior crecemento no período 2014-2016 e listouna no nº 6 en 2016.[12]. En novembro de 2016, Ligand notificou á SEC que tiña que corrixir os seus últimos informes financeiros por mor de controis ineficaces na contabilidade, esaxeración de activos por impostos diferidos e categorización errónea de débeda non garantida[13]. Como resultado presentáronse varios procesos de demanda colectiva, alegando que a empresa estaba involucrada en fraude de valores[14][15][16]. En 2018 Van Doorn de MarketWach clasificou Ligand no número dous da listaxe das empresas de maior rápido crecemento no sector da saúde[17]. As accións de Ligand medraron un 99% no período 2014-2019[18].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About/Contact". ligand.com. 
  2. "Ligand". sec.gov. 
  3. "Featured Marketed Products". ligand.com. 
  4. "3 Biotech Stocks That Could Grow Faster than Apple". fool.com. 4 de xullo de 2015. 
  5. "Ligand Provides a Corporate Update and Announces May 6th as the Date for First Quarter Earnings Call". MENAFN. 6 de marzo de 2020. 
  6. "Ligand Pharmaceuticals Incorporated". Company-Histories. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "San Diego’s Ligand Takes Advantage of the Great Recession to Build New Drug Pipeline". Xconomy. 25 de marzo de 2011. 
  8. "Ligand loses its listing on Nasdaq". San Diego Union Tribune. 7 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  9. "SEC starts probe into Ligand's accounting". San Diego Union Tribune. 15 de setembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  10. "Deloitte Agrees to Pay $1 Million Fine". New York Times. 11 de decembro de 2007. 
  11. "Ligand to pay $12.2 million to settle lawsuits". San Diego Union Tribune. 30 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2018. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  12. "100 Fastest-Growing Companies. Ligand". Fortune. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2020. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  13. "Ligand Pharmaceuticals Facing Securities Class Action". battea.com. 
  14. "Lawsuit for Investors in Ligand Pharmaceuticals Inc. (NASDAQ:LGND) over alleged Violations of Securities Laws announced by Shareholders Foundation". Globe Newswire. 29 de novembro de 2016. 
  15. "Investors Sue Ligand Over Exaggerated Financials". Courthouse News Service. 18 de novembro de 2016. 
  16. "Ligand Pharmaceuticals Inc. Investigated For Securities Fraud By Block & Leviton After Announcing Restatement Of Financial Results". Ciston PR Newsire. 15 de novembro de 2016. 
  17. "10 fast-growing companies in the hottest small-cap stock sector". MarketWach. 27 de maio de 2018. 
  18. "Introducing Ligand Pharmaceuticals (NASDAQ:LGND), A Stock That Climbed 99% In The Last Five Years". Simply Wall St. 24 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 26 de abril de 2020.