Fundado en 1873 por Isaac Butt centrou a súa actividade en defender a necesidade de dotar a Irlanda dun Estatuto propio, coñecido co nome de Home Rule. William Shaw substituíu a Butt en 1879 como líder do partido e ao ano seguinte asumiu o mando Charles Stewart Parnell, quen fundaría o Partido Parlamentario Irlandés dous anos despois, co obxectivo de modificar certas prácticas obsoletas habituais na Liga.