Life Without Buildings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Life Without Buildings
OrixeGlasgow, Escocia Escocia
Período1999 - 2002
Xénero(s)indie rock, post-punk, math rock, art rock
Selo(s) discográfico(s)Tugboat Records, DCBaltimore2012, Gargleblast Records, Absolutely Kosher
MembrosWill Bradley
Chris Evans
Robert Johnston
Sue Tompkins
Na rede
MySpace: lifewithoutbuildingsuk Last fm: Life+Without+Buildings Musicbrainz: f2fc3767-1688-4a84-be35-38b7928a1fcc Songkick: 256171 Discogs: 70824 Allmusic: mn0000217994 Editar o valor em Wikidata

Life Without Buildings foi unha banda escocesa de indie rock baseada en Glasgow. O grupo, formado no ano 1999, estaba composto principalmente por ex-estudantes da Escola de Arte de Glasgow. Inicialmente estivo formado por Will Bradley (batería), Chris Evans (baixo) e Robert Johnston (guitarra). A pintora Sue Tompkins (voces) uniuse posteriormente ese mesmo ano. As voces "faladas" de Sue finalmente convertéronse no atributo máis famoso de Life Without Buildings. Impresionado despois do seu primeiro concerto en Londres, o selo asociado a Rough Trade Tugboat Records pediu á banda gravar un sinxelo de estrea con eles.

Publicado en marzo do ano 2000, "The Leanover"/"New Town" asegurou á banda un contrato completo coa discográfica. O grupo publicou dous sinxelos máis con Tugboat. O seu álbum de estrea, Any Other City, gravado polo produtor escocés Andy Miller, foi publicado en 2001 no Reino Unido. O selo DCBaltimore2012 editouno meses máis tarde nos Estados Unidos. A banda separouse en 2002.

En maio de 2007 publicouse un álbum ao vivo en Europa chamado Live at the Annandale Hotel, a través do selo Gargleblast Records. Posteriormente o disco foi editado en Norteamérica o mes de agosto polo selo Absolutely Kosher Records. Gravado en decembro de no hotel Annandale de Sydney,[1] os membros da banda dixeron que non sabían que estaban sendo gravados, pero quedaron contentos co resultado final.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Any Other City 2001 Tugboat Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Life Without Buildings: Live at the Annandale Hotel". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-06-30. 
  2. "Life Without Buildings: the catch up interview". Muso's Guide. 2013-03-30. Archived from the original on 30 de marzo de 2013. Consultado o 2022-06-30.