Ferrer Bassa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ferrer Bassa
Busts Palau del Parlament - 04 Jaume Ferrer Bassa.JPG
NomeJaume Ferrer Bassa
Nacemento1285
 Avinyonet del Penedès
Falecemento1348
 Barcelona
Nacionalidadecatalán
EidoPintura, miniaturas
MovementoGótico
TraballosLibro de horas da raíña María de Navarra
InfluenciadoRamon Destorrents e Arnau Bassa
editar datos en Wikidata ]

Ferrer Bassa, tamén documentado como Jaume Ferrer Bassa, nado en Les Gunyoles (?),[1] 1285, e finado en Barcelona en 1348, foi un pintor e miniaturista da Coroa de Aragón, onde traballou de xeito intenso para a corte de Afonso IV de Aragón e Pedro IV de Aragón.

Ferrer Bassa abandonou a inicial influencia francogótica e, coma outros pintores da Coroa de Aragón, recibiu tanto a influencia da escola florentina como da escola sienesa, despois de entrar en contacto con estes movementos durante unha estadía en Italia. Considéraselle, xunto co seu fillo Arnau, coma o fundador do principal obradoiro de italianismo pictórico en Barcelona e da Coroa de Aragón.

Os historiadores de comezos do século XX chamárono o «Giotto catalán».[2] Hai datos da súa biografía nas cidades de Zaragoza e Barcelona entre os anos 1324 e 1348, cando se cre que morreu de peste xunto co seu fillo Arnau Bassa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diversos documentos referidos a personaxes chamados «Ferrer Bassa» entre os séculos XII-XIV sitúan as súas orixes familiares na zona de Avinyonet del Penedès. En Companys & Montardit 1995, p. 62, chégase a precisar que poderia ter nacido no máis coñecido como "Castelo de Les Gunyoles".
  2. de Dalmases & José i Pitarch 1984, p. 154-156.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]