Balastro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Base de balastro sobre a que se asentan os raís dunha vía férrea.

O balastro[1] é un tipo de material formado pola mestura de grava grosa e pedra machucada sobre o que se asentan as travesas que suxeitan os raís das vías do ferrocarril.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Balastro deriva da palabra inglesa ballast, que significa "lastre", e fai referencia ao material empregado antigamente como lastre das embarcacións.

Obtención[editar | editar a fonte]

Obtense triturando rochas sas e debe cumprir certas especificacións en canto a calidade da material nai e na súa granulometría. Transpórtase en camións ata onde pode ser cargado en trens especiais con moegas que permiten a súa descarga na vía.

Funcións[editar | editar a fonte]

O balastro utilízase xeralmente como base de pavimentacións, tanto de pavimentos continuos como o aglomerado de pavimentos por pezas, tal como o empedrado.

De maneira similar, o balastro de vía cumpre a función de achegar estabilidade á vía férrea, facendo que permaneza coa xeometría dada durante a súa construción. Adicionalmente cumpre outras tres funciones importantes:[2]

  • Distribúe as presións que transmite a vía ao terreo, facendo que sexan admisibles para este.
  • Ofrece unha moi bo amortecemento das vibracións que xera o convoi ao deslizarse sobre os raís.
  • Permite unha boa drenaxe das augas pluviais, evitando que se deteriore o conxunto.

O seu uso en liñas de alta velocidade é pouco frecuente, xa que a altas velocidades é frecuente que os grans que o compoñen se desprendan (fenómeno coñecido como voo de balastro), podendo danar compoñentes críticos do tren. Isto fai que na construción deste tipo de liñas se prefira construír unha plataforma de formigón, moito máis cara, pero moito máis fiable. Como solución, tamén se desenvolveron travesas cunha forma aerodinámica especial para evitar este tipo de desprendementos.[3]

Especificacións típicas[editar | editar a fonte]

  • Ensaio de desgaste: a porcentaxe de desgaste da pedra partida ensaiada polo procedemento de Los Ángeles (Norma ASTM C535, Degradación por abrasión de Agregados Grandes, gradación F), non será maior do 22% como porcentaxe máxima admisible.
  • Ensaio de durabilidade: para os materiais de orixe basáltica esíxese unha degradación inferior a 65% cando se ensaie en solución de dimetil sulfóxido. Para o resto dos materiais esíxese unha degradación inferior ao 12 % cando se ensaie en solución de sulfato de sodio.
  • Tamaño de gran: debe permitir a drenaxe da formación e debe proporcionar unha unión adecuada entre partículas, de forma que se manteña a estabilidade da vía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para balastro.
  2. "¿Por qué las vías del tren se colocan sobre piedras?". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2017. 
  3. "Aerotraviesa". Consultado o 18 de xuño de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]