Levallois Metropolitans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Levallois Metropolitans
Parc des sports Marcel-Cerdan de Levallois.jpg
Información xeral
Liga Pro A / Eurocup
Fundación 2007
Historia Paris-Levallois Basket (2007–2017)
Cores           Azul, dourado
Presidente Francia Jean-Pierre Aubry
Adestrador Francia Frédéric Fauthoux
Patrocinador Idex
Localización
Cidade Francia Levallois-Perret, Francia
Pavillón Palais des sports Marcel Cerdan
Capacidade 4.000
Inauguración 1992
Campionatos
Copa 1 (2013)
Supercopa 1 (2013)
levalloismetropolitans.com

O Levallois Metropolitans é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Levallois-Perret (Illa de Francia). Actualmente compite na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Palais des sports Marcel Cerdan, un pavillón con capacidade para 4.000 espectadores. Fundado no ano 2007 co nome de Paris-Levallois Basket, os seus maiores éxitos son un tíulo de Copa e outro do Match des Champions (Supercopa), ambos conseguidos en 2013.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado no ano 2017 a raíz da fusión do Paris Basket Racing, equipo posuidor de catro títulos de liga da cidade de París, o Levallois Sporting Club Basket, de Levallois-Perret, un municipio da periferia da capital francesa. O club, que foi bautizado co nome de Paris-Levallois Basket, mantén toda a historia e títulos do Paris Basket Racing e o Levallois Sporting Club Basket.[1] O club comezou a súa andadura na LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto galo, porén, en 2008 descendeu á LNB Pro B tras finalizar penúltimo na liga. O club volveu á máxima categoría en tan só un ano e desde aquela permanece nela. O seu mellor ano foi o 2013 cando conseguiron os títulos de campión de Copa e da Supercopa. O 5 de xullo de 2017, o equipo directivo decide mudar o nome do club a Levallois Metropolitans.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Copa de Francia
    • Campións (1): 2013
  • Supercopa de Francia
    • Campións (1): 2013

Temporada por temporada[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. Copa Supercopa Europa
2007–08 1 Pro A 15º Fase de 32
2008–09 2 Pro B Fase de 16
2009–10 1 Pro A Fase de 32
2010–11 1 Pro A 13º Fase de 16 3 EuroChallenge FC
2011–12 1 Pro A Fase de 32 Cuartofinalista
2012–13 1 Pro A 12º Campión Semifinalista 3 EuroChallenge CF
2013–14 1 Pro A Cuartofinalista Semifinalista 2 Eurocup LR
2014–15 1 Pro A 11º Fase de 16
2015–16 1 Pro A 14º Fase de 16
2016–17 1 Pro A Fase de 16
2017–18 1 Pro A 10º Semifinalista 2 Eurocup LR

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "L’histoire des Levallois Metropolitans" (en francés). Consultado o 8 de setembro de 2018. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]