Lev búlgaro
Lev búlgaro | |
---|---|
лев en búlgaro | |
Código: | BGN |
Ámbito: | Bulgaria |
Símbolo: | Лв |
Fracción: | 100 stotinki |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20, 50 stotinki 1 BGN |
Billetes: | 2, 5, 10, 20, 50, 100 BGN |
Emisor: | Монетен двор |
Taxa de troco: 9-03-2014 | 1 EUR = 1,9601 BGN 1 USD = 1,4127 BGN |
O lev (en plural leva, en búlgaro: лев/лева) é a moeda oficial de Bulgaria. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é BGN e a súa abreviatura Lv (Лв). Subdivídese en 100 stotinki (стотинки). En búlgaro antigo, a palabra lev significaba león.
Historia
[editar | editar a fonte]O lev foi introducido en 1881 cunha taxa de cambio fixa respecto ao franco francés. Dende entón, a moeda sufriu tres revalidacións. A primeira foi en 1952 por mor da inflación na posguerra, facéndose cunha taxa de cambio dun lev novo por 100 dos antigos. Despois, en 1962, vólvese a revalidar a moeda a razón dun lev por 10 dos devaluados. A partir de aquí o lev entrou nun período de estabilidade de preto de tres décadas. A diferenza doutras moedas dos estados comunistas, o lev non era convertible ás moedas dos estados occidentais. Con todo, a taxa de cambio oficial era de aproximadamente 90 stotinkis por dólar estadounidense, no mercado negro pagábase entre cinco e seis veces máis.
Despois da caída do comunismo, o lev volve sufrir fortes episodios de inflación. Por este motivo en 1997 estableceuse unha taxa de cambio fixa co marco alemán a razón de 1.000 lev por marco. O 5 de xullo de 1999 o lev vólvese a revalidar e estabeleceuse a paridade co marco alemán (1 BGN = 1 DEM). Por mor da substitución do marco polo euro (EUR) o 1 de xaneiro de 2002, o lev mantivo unha taxa de cambio fixa respecto da moeda única europea a razón de 1,95583 lev por euro. Prevese que o euro substitúa ao lev en 2011.
Moedas
[editar | editar a fonte]A moedas que circulan correntemente son as dos valores de:
- 1 stotinka
- 2 stotinki
- 5 stotinki
- 10 stotinki
- 20 stotinki
- 50 stotinki
- 1 lev
Billetes
[editar | editar a fonte]Os billetes búlgaros en circulación oficial son:
- 1 BGN
- 2 BGN
- 116 x 64 mm
- Tonalidade: violeta
- Anverso: o teólogo Pagisios de Chiliandar, de fondo o Mosteiro Zografou en Monte Athos
- Reverso: escudo cun león rampante e o escudo de armas de Bulgaria
- 5 BGN
- 121 x 67 mm
- Tonalidade: rosa
- Anverso: o pintor e deseñador Iván Milev, de fondo detalle da súa pintura "Arte e a Coroa de Espiñas"
- Reverso: detalle das súas pinturas "Muller Colleitando" e "A Voda do Dragón"
- 10 BGN
- 126 x 70 mm
- Tonalidade: verde e rosa
- Anverso: o lingüista Peter Beron, de fondo un globo terráqueo, un rinoceronte e unha balea
- Reverso: un telescopio e motivos relacionados coa Astroloxía
- 20 BGN
- 121 x 73 mm
- Tonalidade: azul
- Anverso: Stefan Stambolo], de fondo unha edición facsímile da súa antoloxía "Cancións e Poemas" e o selo do Comité Edinstvo
- Reverso: o edificio da Asemblea Nacional e fragmentos das pontes da Aguia e do León en Sofía
- 50 BGN
- 136 x 76 mm
- Tonalidade: marrón
- Anverso: o poeta e crítico literario Pencho Slaveykov, de fondo o Teatro Nacional e a Biblioteca Nacional en Sofía
- Reverso: fragmento dun poema da súa antoloxía "Cancións Épicas" e motivos alegóricos ao mesmo
- 100 BGN
- 141 x 79 mm
- Tonalidade: verde escuro
- Anverso: o escritor Aleko Konstantinov e un facsímile da súa primeira edición de "Un Viaxe a Chicago e Volta"
- Reverso: o escritor rodeado de libros, flores, un reloxo e letras cirílicas
Taxas de cambio
[editar | editar a fonte]- 1 EUR = 1,9601 BGN (9 de marzo de 2014)
- 1 USD = 1,4127 BGN (9 de marzo de 2014)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lev búlgaro |