Levántate Rosalía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Levántate Rosalía
Álbum de Xulio Formoso
Xénero(s)folk
Selo(s)Ocre
Cronoloxía
Guillén el del son entero
Levántate Rosalía Fuego y poesía

Levántate Rosalía é un disco de Xulio Formoso enteiramente baseado nun dos libros máis populares de Venezuela, Humor y Amor de Aquiles Nazoa, o "Rousinol de Catuche".

Características[editar | editar a fonte]

É o primeiro disco de Formoso onde as composicións foron escritas en ritmos tradicionais de distintas rexións de Venezuela: malagueña e galerón margariteños, merengue caraqueño e aires cañoneros, corrío llanero e ata un ballenato no mais clásico estilo do Valledupar colombiano.

Xulio Formoso e Luis Suárez, de Los Guaraguao, comezaron a traballar na idea a comezos de 1976 co mesmo Aquiles Nazoa. Despois da morte do poeta, en abril dese ano, as gravacións son adiadas a xullo e rematan en agosto co consello de Aníbal Nazoa, irmán menor de Aquiles, lanzándose o álbum en setembro. Nel participaron Franklin Mejías, do Grupo Ahora e Antonio Alcalá, da Rondalla Venezolana. As tapas dianteiras e traseiras foron feitas por Pedro León Zapata para este álbum. É o único disco enteiramente dedicado á obra de Aquiles Nazoa.

Xulio Formoso en concerto

Cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Kennel Club" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  2. "Se embromó Colón" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  3. "Elegía al tranvía" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  4. "Nuestras musas trasnochadas" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  5. "Corrío del Comecandela" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  6. "El último pandehornero" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  7. "Serenata a Rosalía" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  8. "Lluvias" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  9. "Consideraciones acerca de la educación de los cochinos" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
  10. "Amor cuando yo muera" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)

Músicos[editar | editar a fonte]

  • Xulio Formoso: Guitarra, Voz
  • Luís Suárez: Guitarra, cuatro, frauta, melódica, voz
  • Franklin Mejías: Mandolina, Cuatro
  • Antonio Alcalá: Baixo, Percusión

Créditos[editar | editar a fonte]

  • Deseño e debuxos: Pedro León Zapata]
  • Gravación: Francisco González e Hugo Manzini
  • Mix: Hugo Manzini
  • Data e lugar da gravación: Estudios Fidelis. Xullo-agosto de 1976
  • Produción: Ana Avalos