Leszek Lubicz-Nycz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leszek Lubicz-Nycz
Nacemento20 de agosto de 1899
Lugar de nacementoBrzesko
Falecemento22 de setembro de 1939
Lugar de falecementoBuraków
Causamorto en combate
SoterradoPowązki Military Cemetery
NacionalidadeSegunda República Polonesa
Ocupaciónesgrimista e oficial
PremiosDecade of Independence Regained, Cross of Independence, Silver Cross of Merit, Gold Cross of Merit‎, War Medal 1918-1921 e Silver Cross of the Virtuti Militari
editar datos en Wikidata ]

Leszek Władysław Lubicz-Nycz, nado en Brzesko o 20 de agosto de 1899 e finado en Buraków [1] ou en Łomianki[2] o 22 de setembro de 1939, foi un militar e tirador de esgrima polaco, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a primeira guerra mundial serviu nas Lexións Polacas, incorporándose ao exército polaco tras a súa formación en 1918, loitou na guerra polaco-soviética recibindo polas súas accións a Cruz de Prata da Orde Virtute Militari[2]. Durante o período de entreguerra serviu en artillaría e en diversas academias militares, así como instrutor de esgrima e esquí no Instituto Nacional de Educación Física en Varsovia[2]. Esgrimista de sona, foi dos grandes especialistas polacos de sabre, campión desa especialidade no campionato polaco de 1931. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1932 co equipo polaco de sabre, logrando a medalla de bronce. En 1936 publicou o libro Wytyczne nauczania i zasady jazdy na nartach, dedicado ao esquí. Ao comezo da segunda guerra mundial combateu co rango de maior na defensa de Polonia morrendo preto de Varsovia no decurso da batalla de Łomianki. Promovido postumamente ao grao de tenente coronel, inicialmente soterrado no cemiterio de Kiełpin os seus restos trasladáronse o 19 de marzo de 1940 ao Cemiterio Militar de Powązki.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pérfil no Portal do olimpisco polaco PKOl". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 A. K. Kunert, Z. Walkowski, Kronika kampanii wrześniowej 1939, Wydawnictwo Edipresse Polska, Varsovia 2005, ISBN 83-60160-99-6, s. 99.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]