Saltar ao contido

Les Revenants (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Les Revenants
 Título
Les Revenants Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Formato de imaxe
 Composto por
Autoría
 Creador/a
 Director/a fotografía
 Actores
Temática
 Baseado en
 Obra derivada
Publicación
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
26 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
19 de outubro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración52 min Editar o valor en Wikidata
Número de episodios16 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0q40btv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt2521668 Allocine: 4138 Rottentomatoes: tv/the_returned TV.com: shows/les-revenants Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Les Revenants é unha serie de televisión francesa de drama sobrenatural creada por Fabrice Gobert. Está baseada no filme francés Les Revenants, dirixido por Robin Campillo. A serie estreouse o 26 de novembro de 2012 en Canal+ e consta de dúas tempadas, de oito capítulos cada unha. No ano 2013, a primeira tempada gañou un Emmy Internacional á mellor serie dramática.[1] A segunda tempada, estreouse o 28 de setembro de 2015 en Canal+,[2][3] e rematou o 19 de outubro de 2015.

No 2015, estreouse unha adaptación en lingua inglesa,[4] The Returned, mais foi cancelada despois da primeira tempada[5] rematando sen final.

Nunha pequena vila francesa de montaña reaparecen persoas mortas, aparentemente vivas e normais. Entre elas está a vítima dun accidente de autobús escolar, Camille, un noivo suicidado o día da súa voda, Simon, un neno pequeno chamado "Victor", e o asasino en serie Serge. Mentres tratan de recuperar as súas vidas, ocorren fenómenos moi estraños: caídas da electricidade, a baixada do nivel do encoro local, a presenza de animais mortos e a aparición de marcas no corpo dos vivos e dos mortos.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Principais

[editar | editar a fonte]
Os "Regresados"
  • Yara Pilartz como Camille Séguret
  • Swann Nambotin como Victor/Louis Lewanski
  • Pierre Perrier como Simon Delaître
  • Guillaume Gouix como Serge Garrel
  • Ana Girardot como Lucy Clarsen
  • Laetitia de Fombelle como Viviane Costa
  • Ernst Umhauer como Virgil
  • Armande Boulanger como Audrey Sabatini
  • Thomas Doret como Esteban Koretzky
  • Mélodie Richard como Esther
  • Michaël Abiteboul como Milan Garrel
Outros

Recorrentes

[editar | editar a fonte]
  • Laetitia de Fombelle como Viviane Costa
  • Bertrand Constant como Bruno
  • Matila Malliarakis como Frédéric
  • Guillaume Marquet como Alcide
  • Franck Adrien como Yan Sabatini
  • Carole Franck como Mademoiselle Payet
  • Armande Boulanger como Audrey Sabatini
  • Ernst Umhauer como Virgil
  • Laurent Capelluto como maior do exército
  • Alice Butaud como Madame Lewanski
  • Pauline Parigot como Ophélie
  • Thomas Doret como Esteban
  • Vladimir Consigny como Morgane
  • Nicolas Wanczycki como Tenente Janvier
  • Aurélien Recoing como Etienne Berg
  1. Roxborough, Scott (25 de novembro de 2013). The Hollywood Reporter, ed. "International Emmy Awards: French Zombie Series 'The Returned' Wins Best Drama". Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  2. "Les Revenants saison 2 entre en tournage". Canal+. 24 de setembro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2014. 
  3. Renault, Jean-Maxime (3 de setembro de 2015). Allocine, ed. "Les Revenants : tout ce qu'il faut savoir sur la saison 2...". Consultado o 4 de setembro de 2015. 
  4. Abrams, Natalie (9 de xaneiro de 2015). Entertainment Weekly, ed. "A&E sets premiere date for 'Bates Motel,' 'The Returned'". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  5. Andreeva, Nellie (15 de xuño de 2015). Deadline.com, ed. "‘Bates Motel’ Renewed For 2 Seasons By A&E, ‘The Returned’ Not Coming Back". Consultado o 15 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]