Leptictidium tobieni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Leptictidium tobieni
Rango fósil: Eoceno medio
Ilustración dun dente molar de L. tobieni
Ilustración dun dente molar de L. tobieni
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Infraclase: Eutheria
Orde: Leptictida
Familia: Pseudorhyncocyonidae
Xénero: Leptictidium
Especie: L. tobieni
Nome binomial
'Leptictidium tobieni'
Von Koenigswald e Storch, 1987

Leptictidium tobieni é unha especie de mamífero extinto do Eoceno descuberto en Alemaña. É a meirande das oito especies do xénero Leptictidium, cos ósos longos das extremidades entre un 9% e un 15% máis longos que os de L. nasutum. O holotipo é un esqueleto completo e perfectamente preservado dun exemplar adulto, proveniente do xacemento de Messel, que corresponde ó Luteciano.[1][2] Tamén hai un paratipo; un exemplar incompleto e mal conservado que se atopa no Real Instituto Belga de Ciencias Naturais. Ten a mandíbula relativamente robusta, cousa pouco habitual no xénero Leptictidium. En troques, os premolares e molares están aínda máis atrofiados que na especie L. nasutum. Wighart von Koenigswald e Gerhard Storch describírono e déronlle nome no ano 1987. Clasificárono dentro do grupo dos proteuterios, un taxon «caixón de xastre» que agrupaba moitas especies diferentes de mamíferos insectívoros. Porén, máis adiante descubriríase que os proteuterios son un grupo artificial[3] e os leptíctidos foron reclasificados nunha orde propia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. von Koenigswald, W. e Storch, G. (16-03-1987). "Leptictidium tobieni n sp., ein dritter Pseudorhyncocyonide (Proteutheria, Mammalia) aus dem Eozän von Messel". Cour. Forsch.-Inst. Senckenberg (en alemán) 91: 107–116. 
  2. Morlo, , M.; Schaal, S.; Mayr, G.; Seiffert, C. (09-12-2004). "An annotated taxonomic list of the Middle Eocene (MP 11)" (PDF). Cour. Forsch.-Inst. Senckenberg (en inglés) 252: 95–108. 
  3. McKenna, M. C. (1987). Patterson, C., ed. Molecules and morphology in evolution: conflict or compromise? (en inglés) (2a edición, ilustrada ed.). Cambridge University Press. p. 78. ISBN 9780521338608.