Leopoldo Rubido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Leopoldo Rubido Ramonde")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leopoldo Rubido
Nacemento28 de maio de 1942
 Cedeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Leopoldo Rubido Ramonde, nado en Cedeira o 28 de maio de 1942, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduado Social, é profesor de Ensinanza Media en excedencia. Foi nomeado alcalde de Cedeira en 1973, continuando no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. En 1977 decidiu construír un monólito na honra de Franco, decisión que tivo unha forte contestación de parte dos veciños; finalmente o monólito foi inaugurado o 14 de maio por Gonzalo Fernández de la Mora[1]. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde presentándose por Coalición Popular, Alianza Popular e PPdeG ata 1999. Tras unha paréntese de catro anos de goberno liderado polo BNG, Rubido volveu ser alcalde entre 2003 e 2007. En xuño de 2007 un pacto de goberno entre PSdeG-PSOE, BNG e TEGA fixo que tivese que abandonar a Alcaldía que pasou a mans do socialista José Luis Vergara. En 2011 volveu recuperar a alcaldía con maioría absoluta. A finais de 2013 anunciou a súa retirada como alcalde[2].

Leopoldo Rubido foi deputado provincial dende 1983. Foi senador pola provincia da Coruña na V e VI lexislaturas (1993-2000).

En abril de 2016 o goberno de Mariano Rajoy concedeulle a encomenda de Alfonso X El Sabio[3].

É irmán do xornalista Bieito Rubido e do político Luís Rubido, que o continuou na alcaldía entre 2013 e 2015.


Predecesor:
José Fernández Carro
 Escudo de Cedeira.svg
Alcalde de Cedeira
 
1973 - 1999
Sucesor:
Xoan Xosé Rodríguez Pérez
Predecesor:
Xoan Xosé Rodríguez Pérez
 Escudo de Cedeira.svg
Alcalde de Cedeira
 
2003 - 2007
Sucesor:
José Luis Vergara Rey
Predecesor:
José Luis Vergara Rey
 Escudo de Cedeira.svg
Alcalde de Cedeira
 
2011 - 2013
Sucesor:
Luís Rubido

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]