Lentionina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estrutura da lentionina.
Número CAS: 292-46-6.
Modelo da lentionina.
Nome IUPAC: 1,2,3,5,6-pentatiepano.
Outros nomes:1,2,3,5,6-pentatiacicloheptano.

A lentionina'[1] é un composto organosulfurado cíclico, que se encontra nos cogomelos shiitake (Lentinula edodes) e é en parte responsable do seu olor fragante.[2] O seu modo de formación non está claro, pero probablemente intervén o encima C-S liase.

Ademais de lle dar olor aos cogomelos shiitake, a lentionina inhibe a agregación das plaquetas, polo que é un prometedor tratamento para a trombose.[3] Outros compostos organosulfurados encontrados no allo teñen un efecto similar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PubChem compound - Lenthionine
  2. Eric Block and Russell Deorazio (1994). "Chemistry in a salad bowl: Comparative organosulfur chemistry of garlic, onion and shiitake mushrooms" (PDF). Pure & Appl. Chem. 66 (10/11): 2205–2206. doi:10.1351/pac199466102205. 
  3. T. Shibuya, S. Shimada, H. Sakurai, and H. Kumagai (2005). "Mechanism of inhibition of platelet aggregation by lenthionine, a flavor component from shiitake mushroom". IFT Annual Meeting: Presentation 54G–9. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 31 de maio de 2013.