Saltar ao contido

Lekeberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLekeberg
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°10′00″N 14°52′00″L / 59.1667, 14.8667
EstadoSuecia
CondadoCondado de Örebro Editar o valor en Wikidata
CapitalFjugesta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Escindido deConcello de Örebro (1995) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.592 (2025) Editar o valor en Wikidata (17,84 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie481,68 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio weblekeberg.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: lekebergskommun LinkedIn: lekebergs-kommun Youtube: UCH5g_YRwBKA4ym9FvesW9Og Editar o valor en Wikidata

Lekeberg é un concello sueco (kommun) do condado de Örebro.[1] A súa capital é Fjugesta. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 8 606 habitantes.[2]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do municipio correspóndese ás parroquias (socken) de Edsberg, Hackvad, Hidinge, Knista, Kräcklinge, Kvistbro och Tångeråsa. Coa reforma municipal de 1862 fundáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome.

O 23 de marzo de 1906 estableceuse a comunidade municipal de Fjugesta no concello rural de Knista.

Coa reforma municipal de 1952 creáronse tres "grandes concellos" na zona: Lekeberg (a partir dos anteriores concellos de Edsberg, Hackvad, Hidinge, Knista e Kräcklinge), Svartå (de Kvistbro, Nysund e Skagershult) e Viby (de Tångeråsa e Viby).

A finais de 1962 disolveuse a comunidade municipal de Fjugesta. No ano 1965 o concello rural de Viby incorporouse ao köping de Hallsberg, e dous anos despois unha parte do köping (a parroquia de Tångeråsa) incorporouse ao concello rural de Lekeberg, ao igual que unha parte do disolto concello rural de Svartå (a parroquia de Kvistbro).

Coa reforma de 1971 o municipio rural de Lekeberg pasou a formar parte do concello de Örebro. O actual concello de Lekeberg fundouse o 1 de xaneiro de 1995 tras separarse de Örebro a zona que formaba o municipio rural de Lekeberg antes de 1971,[3] e que entre os anos 1983 e 1994 constituíu o Consello Municipal do Distrito de Lekeberg no municipio de Örebro.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio atópase no sur do condado de Örebro e limita cos concellos de Hallsberg e Laxå ao sur, co de Degerfors ao oeste, co de Karlskoga ao noroeste, co de Örebro ao nordés, e co de Kumla ao leste.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-10-07. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-01. 
  3. Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7. 
  4. "Örebro kommun. Lekebergs kommundelsnämnd." (PDF). orebro.se. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2025.