Leire Pajín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Leire Pajín Iraola 16 de setembro de 1976 (48 anos) Donostia, España |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 16 de xullo de 2024 – Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 | |
Deputada de España | |
29 de novembro de 2011 – 20 de xullo de 2012 – Patricia Blanquer Alcaraz (en) → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
25 de marzo de 2008 – 22 de abril de 2008 – José Guillermo Bernabeu Pastor (pt) → Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada de España | |
29 de marzo de 2004 – 30 de abril de 2004 – Clemencia Torrado Rey (pt) → Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Deputada de España | |
21 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Alacant Electa en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Senadora de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Alacant - licentiate in sociology (en) (1993–1998) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, socióloga |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Premios | |
Leire Pajín Iraola, nada en Donostia en 1976, é unha política española afiliada ao Partido Socialista Obrero Español que foi ministra de Sanidade e Consumo. Na actualidade, Leire Pajín é a presidenta da organización internacional Fundación EU-LAC.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde moza reside en Benidorm onde cursou o Bacharelato. Licenciada en Socioloxía pola Universidade de Alacant en 1998. Foi presidenta da Asociación de Estudantes Campus Jove (1995-1997) e membro do Claustro e da Xunta da Facultade de Económicas e Socioloxía da Universidade de Alacant (1995-1999).
Como outras funcións tamén foi, entre outros cargos en diferentes organizacións, membro do Comité Federal das Juventudes Socialistas de España, secretaria de Política Institucional das Juventudes Socialistas de Benidorm, presidenta de Solidariedade Internacional e membro do Padroado da Fundación Jaime Beira.
No ano 2000 foi elixida deputada pola provincia de Alacant. Nas eleccións de 2004 renovou o seu escano encabezando a lista do PSOE por Alacant. En abril dese mesmo ano, deixa a súa acta de deputada, para tomar posesión do cargo de Secretaria de Estado de Cooperación Internacional. En 2008 volve ser candidata por Alacant, esta vez como número dous, tralo ministro de Sanidade Bernat Soria. Secretaria de Organización do PSOE desde o XXXVII Congreso Federal (4, 5 e 6 de xullo de 2008), en substitución de José Blanco López, quen pasou a desempeñar o cargo de vicesecretario xeral do PSOE[2].
Predecesor: José Blanco López |
Secretaria de Organización do PSOE 2008–2010 |
Sucesor: Marcelino Iglesias |
Predecesor: Trinidad Jiménez |
Ministra de Sanidade e Consumo 2010 - 2011 |
Sucesor: Ana Mato |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ admin (2020-12-11). "Nombramiento de Leire Pajín como presidenta de la Fundación EU-LAC". Fundación Carolina (en castelán). Consultado o 2024-05-29.
- ↑ Leire Pajín Secretaria de organización del PSOE Arquivado 06 de xullo de 2008 en Wayback Machine., noticia do xornal Público
- Senadores por designación das Cortes Valencianas
- Ministros de Sanidade de España
- Nados en Donostia
- Nados en 1976
- Políticos do PSOE
- Senadores de España polo PSOE
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)