Lei da Moeda de 1870 (Reino Unido)
- Para outras leis acerca da cuñaxe e a emisión de moeda, véxase a páxina de homónimos Lei da Moeda
A Lei da Moeda de 1870 (The Coinage Act, 1870 —33 & 34 Vict c 10—)[1] foi aprobada polo Parlamento do Reino Unido o 4 de abril de 1870, para establecer a métrica das moedas que compuñan sistema monetario británico, sobre a base dun soberano de 7,98805 gramos de ouro.[2]
Esta lei foi derrogada no Reino Unido pola Lei da Moeda de 1971.[3] No entanto, mantén a súa vixencia parcialmente na República de Irlanda, no artigo 2 e na parte cuarta do anexo 1 da Statute Law Revision Act de 2007.[4]
Contido
[editar | editar a fonte]Ademais do establecemento dos pesos e da fineza das aliaxes de todas as moedas que compuñan o sistema monetario británico,[5] mediante a Lei da Moeda de 1870 regulábanse tamén outros asuntos, como é o caso do outorgamento ao ministro de Facenda do título honorífico de Gobernador da Casa da Moeda de Escocia, que deixara de estar en actividade en 1707. Este título mantívose en vigor ata o século XX, cando se aboliu mediante a Lei da Moeda de 1971.[6][7]
En principio, non se prevía que o ámbito da lei se estendese a ningunha das posesións do Imperio Británico, fóra do expresado na propia lei.[8] Entre outras cousas, por exemplo, facultábase o Goberno Británico para establecer sucursais da Royal Mint nas súas posesións de Ultramar.[9] En 1907, o Goberno exerceu esta facultade para fundar a sucursal da Casa da Moeda en Otava, por petición do Goberno canadense;[10] esta norma deixou de estar vixente en 1931, cando o Goberno do Canadá pasou a ter o control pleno da entón chamada Real Casa da Moeda do Canadá.[11]
Os estudos actuais acerca desta lei suxiren que esta estivo moi influída polas opinicóns de George Frederick Ansell (1826-1880), un científico e ensaiador inglés autor dunha obra de referencia sobre a Royal Mint.[12][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consonte a sección primeira da propia lei, o seu título reducido é The Coinage Act, 1870 ("Lei da Moeda, 1870").
- ↑ "British Currency: Gold". En Lisle, G. (1906). Páxina 277.
- ↑ Coinage Act 1971. Artigo 3 e anexo.
- ↑ "Statute Law Revision Act 2007". Irish Statute Book. Nº 28. 2007.
- ↑ The Coing Act, 1870. Anexo 1.
- ↑ Murray, A. L. (1999). "The Scottish Mint after the recoinage, 1709-1836". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. Nº 129. Páxinas 861-886.
- ↑ The Coing Act, 1870. Artigo 14.
- ↑ The Coing Act, 1870. Artigo 19.
- ↑ The Coing Act, 1870. Artigo 11(8).
- ↑ The London Gazette. 8 de novembro de 1907. Nº 28076. Páxina 7.483.
- ↑ London Gazette. 10 de novembro de 1931. Nº 33.770. Páxina 7.240.
- ↑ Ansel, G. F. (1870). The Royal Mint: its working, conduct, and operations, fully and practically explained. E. Wilson, Londres.
- ↑ Courtney, W. P.; Brown, R. (2004). "Ansell, George Frederick". En Oxford Dictionary of National Biography.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Challis, C. E. (1992). A new history of the royal mint (1992), quoted in Ansell, George Frederick (1826–1880), chemist and assayer by W. P. Courtney, rev. Robert Brown, Oxford Dictionary of National Biography.
- Lisle, G. (1906). Accounting in Theory and Practice. William Green & Sons, Londres.