Ledicia Piñeiro
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1987 Ourense |
| Educación | Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de teatro, política |
Ledicia Piñeiro Prada, nada en Ourense en 1987, é unha actriz e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomouse en educación social na Universidade de Vigo, e comezou a actuar na Aula de Teatro desa universidade, formándose logo con Sarabela Teatro. Militou na Xuventude Comunista e en Esquerda Unida ata 2014. Foi concelleira por Ourense en Común (2015-2018) e como integrante de Podemos encabezou a candidatura ao Congreso da coalición En Común-Unidas Podemos pola provincia de Ourense[1] nas eleccións xerais de abril de 2019, nas que non obtivo escano.