Lazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Utilización do lazo nun rodeo nos Estados Unidos

O lazo[1] (Gl-lazo.ogg pronunciación ) é unha corda con lazada corredía utilizada para cazar ou suxeitar animais.

O uso máis coñecido do lazo foi entre os vaqueiros norteamericanos, quen aprenderon o seu uso dos mexicanos de California e Texas que o viñan utilizando tras chegar a América procedente da Península Ibérica e ata a actualidade. O lazo é común nos labores gandeiros de América, continente no que existen tres variedades: o lazo mexicano ou reata feito de cánabo de aspecto ríxido, o lazo suramericano feito de coiro sen curtir e o lazo das Pampas feito con coiro cru.

Notas[editar | editar a fonte]