Laurent Hendschel
Laurent Hendschel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1966 |
Lugar de nacemento | Bélxica |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Laurent Hendsche, nado en 1966, é un escritor e cantante valón, promotor do valón unificado.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Logrou o gran premio da canción valoa en 1989. En 1990 escribiu On walon po dmwin? no que fai un chamamento para a modernización do valón e para a creación dun estándar unificado. En 1992 afondando no anterior coordina Walo + Mes troes meye prumîs mots walons (1992), o primeiro léxico panvalón e que constitúe o primeiro chanzo na conformación dese valón unificado.
En 1993 publicou a colleita poética Ridaedjes (1993) e dese ano é tamén o artigo “Quelques propositions sur l'établissement d'une langue wallonne écrite commune”. Foi un dos promotores da revista Li Rantoele, que apareceu en 1995 para a promoción do valón unificado. Xa en valón unificado, ou rfondou walon, editou dúas coleccións de relatos Sacwantès fåviretes di houte did ci (1994) e Did lon (1995), e mais escribiu en 1994 a primeira novela en valón unificado, So l' anuti, de carácter histórico, que non se publicou ata 2006, aínda que a revista Li Chwès publicara antes algúns anacos.
Foi dos primeiros en introducir o valón en internet coa creación en 1996 de Les pådjes do lingaedje walon, subindo á rede unha pequena gramática valoa[1]. En 1998 foi o primeiro en traducir unha distribución Linux[2] ao valón e en 2002 traduciu a Xénese, o primeiro libro da Biblia, ao valón co título “Å Cmince”. Tamén foi membro do Consello de Linguas Rexionais Endóxenas da Comunidade Francesa de Bélxica (1997-2001)[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""Li Croejhete Walone. Contribution à une grammaire de la langue wallonne"". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2005. Consultado o 09 de setembro de 2018.
- ↑ "Li pådje Lorint Hendschel" lucyin.walon.org
- ↑ "Arrêté du Gouvernement de la Communauté française portant nomination des membres du Conseil des Langues régionales endogènes de la Communauté française"