Adrián Morado Veres
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1865 Ribadeo, España |
Morte | 1951 (85/86 anos) Bahía Blanca, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Familia | |
Parentes | Laureano Veres Acevedo (tío) |
Adrián Morado Veres, nado en Ribadeo en 1865 e finado en Bahía Blanca en 1951, foi un médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun sarxento de carabineiros de Ribadeo e sobriño de Laureano Veres Acevedo. Grazas ao apoio do seu tío estudou no Colexio dos Xesuítas de Camposancos. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e emigrou a Arxentina. Instalouse en Bahía Blanca en 1890. Foi unha recoñecida eminencia médica do sur arxentino.