Laura Ponte Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLaura Ponte Martínez
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0690586 Editar o valor em Wikidata

Laura Ponte Martínez, nada en Vigo o 9 de xuño de 1973, é unha top model galega. Durante anos foi considerada unha das modelos máis importantes de España e do mundo.[1] Mide 1,77 m, e ten unhas medidas de 89-60-89.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi descuberta con 19 anos mentres estudaba Ciencias Políticas en Londres,[2] e pouco despois gañou o prestixioso premio Look of the year organizado pola axencia Elite,[3] o que supuxo o inicio dunha exitosa carreira, na que chegou a traballar para deseñadores como Valentino, Ralph Lauren, Hugo Boss ou Christian Lacroix[4] e a colaborar con fotógrafos como Steven Meisel, Richard Avedon ou Mario Testino.

En 1996 era a terceira modelo mellor pagada do mundo segundo un estudo da revista Harper's Bazaar[5] e desde 1998 ostentou o cargo de "Embaixadora da moda galega.[6]

Tras abandonar as pasarelas seguiu relacionada co mundo da moda, sendo a imaxe de marcas como Amichi e Cortefiel[7] e colaborando con algunha das revistas de moda máis importantes do sector en España como Telva[8] ou Elle.[9]

En setembro de 2004 casou con Luis Beltrán Ataúlfo Gómez-Acebo Borbón,[10] fillo da infanta Pilar de Borbón e sobriño do rei Xoán Carlos I, converténdose desde entón en habitual das revistas da prensa rosa. O matrimonio divorciouse en 2011.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía en Hola! (en castelán).
  2. Biografía Arquivado 18 de setembro de 2009 en Wayback Machine. en Vogue (en castelán).
  3. "La parejita de Laura Ponte", artigo en Las Provincias, 7 de xullo de 2006 (en castelán).
  4. Artigo Arquivado 23 de xuño de 2009 en Wayback Machine. na web de Supermodelo 2006 (en castelán).
  5. "El triunfo mundial de las españolas Esther Cañadas y Laura Ponte", artigo en El Mundo (en castelán).
  6. "Regreso a Cibeles", artigo en ABC, 17 de febreiro de 2002 (en castelán).
  7. "Laura Ponte entre Amichi y Cortefiel", artigo en Cosas de moda (en castelán)
  8. "Un día con Laura Ponte", artigo en Telva, 17 de marzo de 2008 (en castelán)
  9. "La belleza de Laura Ponte" Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., artigo en Elle (en castelán).
  10. "La Familia Real en pleno asiste a la boda de Beltrán Gómez Acebo y Laura Ponte", noticia en www.terra.es (en castelán).
  11. Alberto Pinteño (25 de febreiro de 2015). "Laura Ponte: "Si la infanta ha cometido delito deberá ser consecuente. Aunque le tengo mucho cariño, es una buena chica"". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2018.