Hugo Boss
Hugo Boss AG | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1924 |
Matriz | Valentino Fashion Group[1] |
Localización | Metzingen, Alemaña |
Fundador | Hugo Ferdinand Boss |
Persoas clave | Claus-Dietrich Lahrs (CEO) |
Industria | Téxtil Luxo |
Beneficio | 2 800 millóns de EUR (2015) |
Número de empregados | 13.764 (2015) |
Na rede | |
https://www.hugoboss.com/it, https://group.hugoboss.com e https://www.hugoboss.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hugo Boss é unha marca de roupa, así como tamén de produtos relacionados como perfumes e complementos, fundada en Metzingen, cerca de Stuttgart, Alemaña por Hugo Ferdinand Boss (1885-1948) nos anos vinte.
A marca está á venda en 6.102 puntos de venda en 110 países.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1923 Hugo Boss fundou en Metzingen un pequeno obradoiro de costura e roupa deportiva. En 1930, a empresa quebrou e o 1 de abril de 1931 Hugo Boss uniuse ao Partido Nazi (número de socio 508 889), e así comezou a traballar para os nazis salvando a empresa producindo uniformes para os SA, SS e as Xuventudes Hitlerianas. Porén, os patróns foron feitos por Karl Dibich. En 1934, Boss comprou unha fábrica téxtil e de confección e trasladouse. En 1937, para Hugo Boss traballaban case un cento de persoas. Co inicio da segunda guerra mundial a súa fábrica foi declarada unha empresa militar importante e recibiu un pedido de uniformes da Wehrmacht. No período de 1940 a 1945 foron empregados uns 150 traballadores escravos, na súa maioría procedentes de Polonia e Ucraína, así como 30 prisioneiros de guerra franceses. Segundo o historiador alemán Henning Kober, os directivos da empresa eran "nazis confesos", Boss era grande admirador de Adolf Hitler, Hugo Boss tivo en 1945 no seu despacho unha fotografía súa con Hitler.
Nos xuízos de desnazificación de 1946, sobre a base da súa pertenza ao partido nazi, pola axuda financeira ás SS e os uniformes entregados ao partido nazi, incluso antes de 1933, Boss é considerado tanto un "activista" coma un "defensor e beneficiario do nazismo". Foi deixado sen dereitos de voto, sen capacidade para xestionar un negocio e multado con 100.000 marcos.
En 1997 o nome da empresa apareceu relacionado con contas abandonadas en Suíza dos tempos dos nazis. En 1999 nos Estados Unidos avogados dos traballadores forzados e os seus familiares levaron aos tribunais á empresa. A empresa non fixo ningún comentario sobre estas demandas, pero reiterou que non ía "pechar os ollos ao pasado, senón máis ben tratar os temas de xeito aberto e sincero". A investigación foi patrocinada pola historiadora alemá Elisabeth Timm. Cando á empresa lle deron os resultados da investigación negáronse a publicalos. En decembro de 1999, acadouse un acordo entre o goberno alemán e un grupo de demandantes americanos, grupos xudeus e o goberno dos Estados Unidos para establecer un fondo de 5.100 millóns de dólares, financiados a partes iguais pola industria alemá e o goberno alemán, para compensar aos traballadores escravos utilizados polos réxime nazi na segunda guerra mundial. Hugo Boss aceptou participar nese fondo, por un total que foi estimado por algunhas fontes como "arredor de 752.000 euros", outros din que a empresa "finalmente pagou o mínimo ao fondo de compensación".
En setembro de 2013 o humorista e actor Russell Brand foi expulsado da gala dos premios ao "Home do ano" da revista GQ (patrocinada por Hugo Boss) por lembrar que Hugo Boss tiña feito uniformes para os nazis[2].
Marcas
[editar | editar a fonte]As súas principais fábricas están situadas en Esmirna (Turquía).
-
HUGO
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Handelsblatt: Boss nimmt die nächsten Bestmarken ins Visier Arquivado 30 de abril de 2012 en Wayback Machine. (14 de marzo de 2012)
- ↑ thesuperficial.com (ed.). "Russell Brand Kicked Out of GQ Awards For Pointing Out Hugo Boss Made Nazi Uniforms". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2013.