Laura Falcó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Laura Falcó Lara»)
Infotaula de personaLaura Falcó

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
ESADE Business School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , editora , locutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webrevistainteriores.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: Laura.Falco.Lara Instagram: laura_falco_lara Editar o valor em Wikidata


Laura Falcó Lara, nada en Barcelona o 17 de marzo de 1969, é unha editora e escritora catalá.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Barcelona e fixo un mestrado en Dirección de empresas na ESADE. En 1995 comezou a traballar no grupo Editorial Planeta como directora de mercadotecnia, e despois pasou a dirixir a editorial Martínez Roca.[1] En 2001 pasou a dirixir os selos Minotauro, Timun Mas e Libros Cúpula, e creou os selos Esencia e Zenith. En 2014 desenvolveu os proxectos Planeta Gifts e Conference Office, e en 2015 asumiu o selo Luciérnaga. En xuño de 2015 comezou a presidir Prisma Publicaciones.[2]

Colaborou no programa de radio La Rosa de los Vientos de Onda Cero[3] e no programa Hora punta de TVE. Tamén tivo un espazo literario no programa Levántate y Cárdenas de Europa FM.

No audiovisual participou como asesora no documental Imborrable, de Ándale Producciones.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

  • Gritos antes de morir (2012). Libros del Silencio. 238 páxs. ISBN 9788494015663. Recompilación de relatos inquietantes.
  • La muerte sabe tu nombre (2013). Círculo de Lectores. 260 páxs. ISBN 978-8467256352. Reedición de ampliación de Gritos antes de morir.

Novela[editar | editar a fonte]

  • Chelston House. Llegarás deseando quedarte, soñarás con poder escapar (2014). Dolmen Books. 272 páxs. ISBN 9788415932307. Novela gótica de suspense.
  • Última llamada: vuelo CW0764 (2015). Edhasa. 320 páxs. ISBN 9788435010979.
  • Amanecer de hielo (2017). Edhasa. 320 páxs. ISBN 9788435011266.
  • La maldición de la lanza sagrada. El que posea la lanza de Longinos será el amo del mundo, pero el que la pierda encontrará su propia muerte (2020). La esfera de los libros. 376 páxs. ISBN 9788491647584. Traducida ao portugués.[5]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Ecos del pasado. Los mejores casos de Fantasmas, impregnaciones y poltergeist (2018). Luciérnga. 360 páxs. ISBN 978-84-17371-03-6.[6]
  • Los 13 asustadores profesionales más famosos de la historia (2021). BABIDI-BU LIBROS. 32 páxs. ISBN 9788418649769. Con Lorenzo Fernández Bueno.

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • El colegio invisible. La historias de misterios máis escuchadas (2022). La esfera de los libros. ISBN 9788413842882

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2014: Premio á mellor novela en Imagina Málaga, por Chelston House.[7]
  • 2020: Premio ODILO á mellor autora 2020.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Laura Falcó". www.planetadelibros.com. Consultado o 06/10/2023. 
  2. "Laura Falco Lara - Biografía y mejores libros". La Vanguardia (en castelán). 2023-02-02. Consultado o 2023-10-06. 
  3. "Laura Falcó Lara Onda Cero Radio". www.ondacero.es (en castelán). Consultado o 2023-10-06. 
  4. "Tipos Infames: Autor: FALCO LARA, LAURA". www.tiposinfames.com. Consultado o 2023-10-06. 
  5. "«La maldición de la lanza sagrada», de Laura Falcó Lara". Las lecturas de Guillermo (en castelán). 2020-09-04. Consultado o 2023-10-06. 
  6. lecturalia.com. Ecos del pasado - Laura Falcó Lara (en castelán). 
  7. "Imagina Málaga 2014". Salón del Cómic (en castelán). 2014-09-25. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2016. Consultado o 2023-10-06. 
  8. "Hablamos con Laura Falcó Lara, premio ODILO a la mejor autora 2020 – ODILO" (en castelán). Consultado o 2023-10-06.