Last Place
Aparencia
Last Place | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Grandaddy | ||||
Publicado | 3 de marzo de 2017 | |||
Xénero(s) | indie rock, indie pop | |||
Selo(s) | 30th Century Records | |||
Producido por | Jason Lytle | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Last Place é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Grandaddy, publicado o 3 de marzo de 2017 a través do selo 30th Century Records. Autoproducido e gravado polo líder e artista principal da banda Jason Lytle, o álbum é o primeiro de Grandaddy dende Just Like the Fambly Cat (2006) e a ruptura anterior do grupo.
Inspirado liricamente no divorcio de Lytle, o álbum estivo precedido polos sinxelos "Way We Won't", "A Lost Machine" e "Evermore".[1] Este é o último álbum no que aparece Kevin García no baixo, xa que morrería dun derrame cerebral dous meses despois do seu lanzamento.[2]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Jason Lytle.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Way We Won't" | 4:22 |
2. | "Brush with the Wild" | 4:08 |
3. | "Evermore" | 4:40 |
4. | "Oh She Deleter :(" | 0:53 |
5. | "The Boat is in the Barn" | 4:38 |
6. | "Chek Injin" | 2:09 |
7. | "I Don't Wanna Live Here Anymore" | 2:33 |
8. | "That's What You Get for Gettin' Outta Bed" | 3:36 |
9. | "This is the Part" | 4:26 |
10. | "Jed the 4th" | 2:05 |
11. | "A Lost Machine" | 6:02 |
12. | "Songbird Son" | 4:19 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jason Lytle on His Ten-Year Break from Grandaddy: "Sometimes You Just Gotta Duck Out"". Paste Magazine (en inglés). Consultado o 2024-07-28.
- ↑ "Grandaddy Bassist Kevin Garcia Dies After Suffering Stroke". NPR. Consultado o 28 de xullo de 2024.