Tras varios discos e casetes autoeditados a banda asinou con Will Records nos Estados Unidos e despois con Big Cat Records, subsidiaria de V2 Records, no Reino Unido, asinando posteriormente un contrato exclusivo con V2. A meirande parte das gravacións do grupo foron obra de Lytle, que traballou principalmente en estudios caseiros.
Grandaddy editou catro álbums de estudio antes de separarse en 2006, dedicándose os seus membros ás súas carreiras en solitario e a outros proxectos musicais. Grandaddy reformouse en 2012 realizando unha serie de aparicións ao vivo e publicando o seu quinto álbum, Last Place, en marzo de 2017. Garcia morreu o 2 de maio dese ano[1] e a banda cancelou os plans de xira iniciando un longo hiato.
No ano 2024 Lytle resuctou o nome de Grandaddy para editar o sexto álbum de estudio do proxecto, Blu Wav.