Las Nacionalidades (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Las Nacionalidades
Revista semanal, ilustrada, política e literaria

Portada do primeiro número.
Formato de páxinadobre columna
Nº de páxinas16
Fundación20 de novembro de 1880
Remata1882
DirectorAlejo García Moreno
FundadorAlejo García Moreno
Tendenciarepublicana, federalista
Linguacastelán
Ámbito(España)
Periodicidadesemanal
Prezo40 reais/ano
editar datos en Wikidata ]

Las Nacionalidades, subtitulada como revista semanal, ilustrada, política e literaria foi unha revista publicada en Madrid entre o 20 de novembro de 1880 e 1882.

Traxectoria e características[editar | editar a fonte]

Editouse na tipografía de Góngora, que tamén facía de administración. Publicábase os sábados con 16 páxinas a dúas columnas e o último número foi o 57 en 1882.

O seu fundador e director foi Alejo García Moreno,[1] e tiña unha ideoloxía republicana federal. Entre os seus contidos predominaban as biografías dos principais persoeiros republicanos do momento como Nicolás Salmerón, Francesc Pi i Margall ou Emilio Castelar e a análise das constitucións federais do mundo como a suíza, a alemá ou a estadounidense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Andúgar Miñarro, Miguel. "Pacto y autonomía.A propósito de García Moreno, A.; Garrido y Tortosa, F. El federalismo y el pactismo." (PDF). Biblioteca SAAVEDRA FAJARDO de Pensamiento Político Hispánico. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11-07-2018. Consultado o 11-07-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]