Lara Cacabelos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1989 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Educación | Universidade de Cantabria ![]() |
Actividade | |
Ocupación | regatista ![]() |
Deporte | vela ![]() |
![]() ![]() |
Lara Cacabelos Afonso, nada en Pontevedra o 22 de maio de 1989, é unha regatista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Compite na categoría match race nun equipo patroneado pola catalá Silvia Roca e a tinerfeña Eva González. Con ese equipo en 2010 proclamouse subcampioa Iberoamericana de vela, nun campionato disputado en Santander, ao rematar por detrás da tripulación patroneada por Támara Echegoyen. Tamén con Roca e González participou en 2011 tanto no campionato de España, onde se proclamou subcampioa[1], como no mundial de vela desa categoría olímpica, celebrado en Perth, e onde remataron clasificadas na posición 12ª.
Estudou na Escola Técnica Superior de Náutica da Universidade de Cantabria[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Echegoyen se proclama campeona de España de Match Race Arquivado 25 de setembro de 2010 en Wayback Machine., Navegar.es, 15/3/2010.
- ↑ "Discurso de Doña Lara Cacabelos Afonso" (PDF). Universidade de Cantabria. 25 de maio de 2018.