Lar Gallego de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lar Gallego de Chile
Tipoasociación
Data de fundación10 de novembro de 1967
PaísChile
Na rede
http://www.largallego.cl/
Facebook: largallegocl Instagram: largallegochile Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Corporación Lar Gallego de Chile é unha asociación da diáspora galega en Chile.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse o 10 de novembro de 1967, dedicándose “esencialmente a reunir emigrantes e fillos e netos de emigrantes galegos residentes en Chile para realizaren diversas actividades de índole social e cultural”.[1] Esta corporación conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

A iniciativa empeza como unha simple xuntanza de amigos galegos que gustaban de practicar danzas populares galegas e tocar a gaita, co obxectivo de lembrarse da terra que ficaba tan lonxe. Posteriormente, a popularidade destas actividades levou á institucionalización da asociación e á participación de 300 familias galegas. Conta cun coro, o grupo de danzas e gaitas Terra Meiga, e o grupo de percusión Beira do Mar.

Dirección da corporación[editar | editar a fonte]

Primeira directiva Lar Gallego de Chile Actual directiva Lar Gallego de Chile
Presidente: César Cifuentes Sánchez Presidenta: María Myriam López Marín
Vicepresidente: Manuel González Fernández Vicepresidente: Manuel Cristian Iglesias Rufs
Secretario: José Domínguez Diéguez Secretario: Francisco Bustos Palomino
Tesoureiro: Silvio Brondi Olea Tesoureiro: José Arturo Vásquez Barja
Prosecretario: Juan C. Vásquez Espinosa Prosecretario: Jorge Rivera Villaroel
Directores: Camilo Villar Moreiro, Jose Bouzo Pavón, Manuel Martínez Domínguez, Francisco Castaño López e Domingo García Pérez Directores: María Isabel Dávila Losada, Natalia del Pilar Bustos López, Agenor Mauricio López Marín, Jorge Misa Lehyt e José Antonio Yánez Diéguez
Asesor cultural: Edmundo Moure Rojas Asesora cultural: María Isabel Dávila Losada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Os que somos". Lar Gallego de Chile (en castelán). Consultado o 15 de abril 2016.