Lamberto de Chalon
Nome orixinal | (fr) Lambert de Chalon |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 930 (Gregoriano) |
Morte | 27 de febreiro de 979 (48/49 anos) |
Lugar de sepultura | Basilica of Paray-le-Monial (en) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Adela of Burgundy |
Fillos | Mahaut de Chalon, Dame de Donzy, Gerberga of Chalon, Hugh of Chalon |
Pais | Roberto de Troyes e Ingeltrude |
Lamberto de Chalon, nado en 930 e finado en 979, foi conde de Chalon (956-978), de Beaune e de Autun.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lamberto naceu en 930. Era fillo do vizconde Roberto de Dijon e Inxeltruda, e irmán de Roberto, vizconde de Chalon.
Actuou como conde efectivo despois da morte de Xilberto de Chalon (956) cando foi sucedido pola súa filla Luitgarda de Chalon, casada con Odón I de Borgoña. Mesmo ampliou o seu ámbito de actuación e tería gobernado no condado de Beaune e quizais noutros dos que foran de Xilberto. Luitgarda morreu sen fillos en 960 e sucedeuna a súa irmá Adelaida de Chalon, casada con Roberto de Vermandois, conde de Meaux, que por este matrimonio foi Roberto II de Troyes. Roberto defendeu a lexitimidade e os dereitos dos Vermandois, mentres que Lamberto contaba co apoio de Hugo o Grande e despois do seu fillo Hugo Capeto, duque dos francos (e futuro rei). Adelaida morreu en 964 pero Roberto, en nome do seu fillo Heriberto I de Troyes e III de Meaux, continuou defendendo os intereses da liñaxe ata a súa morte en 966 ou 967. Finalmente chegouse a un acordo e Chalon, Beaune e outros condados ou dereitos dentro dos condados foron entregados a Adela de Borgoña (m. 987), a irmá de Heriberto, en dote, e ela casou con Lamberto, sobre 967. Tivo con ela a:
- Xerberga de Chalon, casada co rei Adalberto de Italia (descendente do conde Amadeo de Oscheret), e máis tarde co duque Henrique I de Borgoña.
- Hugo I de Chalon (972-1039) (bispo de Auxerre e conde de Chalon).
- Isabel de Chalon (970-1014).
- Aelis, casada co conde Guido I, conde de Mâcon e Escuens.
Lamberto deixa de ser mencionado o 27 de febreiro de 978 e morrería nos meses seguintes. O seu fillo Hugo I de Chalon sucederao como conde de Chalon e Beaune e os dereitos de Autun. A viúva casou en 980 con Godofredo I de Anjou.